top of page

O que non se nomea non existe .

1.027 mulleres arrincásenlles a vida e a voz pero non imos permitir que tamén borren o seu recordo.

Fai unha foto e comparte a imaxe co hashtag #1027Nomes .

No IES MARIA SOLIÑO hoxe  unímonos á convocatoria da artista e activista Yolanda Domínguez @yodominguez,  son #1027Nombres ,  aínda que hoxe por desgraza temos que sumar unha máis , 1028 mulleres asasinadas  ás que nós queremos visibilizar, xa que invisibilizar impide intervir desde as estratexias necesarias para eliminar as violencia machistas. 

 Os seus nomes repártense polo  ÁGORA do noso Centro , polas súas paredes  e escaleiras , para lembrar, para non esquecer , para visibilizar e  para loitar  polas que xa non poden loitar , #porelas   #galizaennegro #CangasEnNegro #ContraAsViolencias #EnNegro2019

Bio da artista
A arte pode cambiar o mundo e ese é un dos motivos que moven a Yolanda Domínguez, artista experta en comunicación e xénero, traballa para espertar a conciencia social e empoderar ás persoas.

A súa forma de traballar consiste en crear accións que relacionan ás persoas entre si e á súa vez xeran comunidades que se manifestan con respecto a un conflito.

Os seus proxectos abordan temas sociais relacionados co xénero e o consumo, transcendendo mesmo fóra das nosas fronteiras.

VER:
https:// yolandadominguez. com

bottom of page